Alexandre Raimúndez, locutor en galego na 'BBC'

O Consello da Cultura Galega vén de incluír a súa biografía no Álbum da Galiza.
Alexandre Raimúndez, retratado en 1948.
photo_camera Alexandre Raimúndez, retratado en 1948. (Foto: Afonso Vázquez-Monxardín)

O Álbum da Galiza do Consello da Cultura Galega incorporou esta cuarta feira a biografía do locutor de radio Alexandre Raimúndez (1906-1968). Raimúndez é recoñecido por ser o impulsor e responsábel das emisións en galego da BBC de Londres.

Atraído pola actividade de Ramiro Ledesma Ramos, Raimúndez asinou o manifesto A Conquista do Estado e, até outubro de 1931, exerceu como secretario e colaborador da publicación homónima.

Nos seus artigos, Raimúndez mostrou a súa visión da Galiza e do mundo, defendendo o impulso das identidades, do federalismo e dun acordo non-imperialista con Portugal.

"O seu obradoiro de xastrería estaba situado na rúa de Alba n.º 24, xusto ao lado da sede do Partido Galeguista (n.º 22), o que non debe ser alleo a esta fluidez de trato e á facilidade con que Alexandre contacta con galeguistas ourensáns logo da guerra para a montaxe das emisións galegas da BBC", salienta a súa biografía no Álbum.

Foi integrante do Secretariado Galego en Madrid, unha asociación que buscaba contribuír ao proceso de reivindicación do Estatuto galego. En 1932, foi elixido secretario segundo da Sección de Ciencias Económicas do Ateneo de Madrid.

A súa carreira profesional trasladouse a Barcelona en 1935, onde foi nomeado catedrático de Estudos Superiores de Xeografía na Escola de Altos Estudos Mercantís. Ao remate da Guerra Civil española, fuxiu a Francia e pasou polo campo de refuxiados de Argelès-sur-Mer.

Do exilio en Francia á BBC británica

Despois de conseguir escapar do campo de concentración grazas á axuda dun sacerdote protestante, comeza a deseñar o un plan para emigrar a México, pero consegue a oportunidade de incorporarse ao servizo que a BBC ía inaugurar en xuño na Galiza e no Estado español. Desenvolveu as tarefas de redactor da Sección Española e relatou o día a día da II Guerra Mundial, facéndoo en varias ocasións en galego.

Comentarios