25.000 mortes en Galiza pola gripe de 1918
1918 ficou para sempre na memoria das persoas que nos precederon como o ano da gripe. A pandemia, considerada como a última e máis mortífera das pestes da historia da humanidade, desembarcou na Galiza no mes de outono provocando varias miles de mortas e mortos. Ao tempo, evidenciou os problemas da sociedade galega, o carácter das políticas dos gobernos da quenda e agudizou as contradicións do réxime da I Restauración. Eis un extracto da peza que publicamos ao respecto no Sermos Galiza número 317.
A epidemia, que levou por diante a vida de 300.000 persoas no Estado español, desenvolveuse ao longo de diversas fases entre 1918 e 1920, afectando a poboación galega aquela que xurdiu en outono após non se ver afectada pola da primavera que incidira no resto do Estado.
A expansión da enfermidade veuse favorecida pola ausencia de medios para controlala, polas propias dificultades que atravesaba a sociedade galega e pola falla de vontade política para combatela, golpeando de xeito moi particular os grupos sociais máis desfavorecidos, situados na franxa de idade dos vinte aos corenta anos. A diferenza do acontecido co groso do territorio do Estado, a pandemia chega a Galiza nun momento máis propicio para as enfermidades respiratorias a consecuencia do frío e cun virus que xa mudara en relación co que afectara a península na primavera.
[Podes ler a peza íntegra no número 317 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]