O Reino de Galiza no mapa de Lambert de Saint Omer
Máis unha entrega de “Galiza no mapa”. A cartografía de Lambert de Saint Omer, en que Galiza ocupa un lugar destacado, estabelece a diferenciación clásica para o espazo ibérico, reservando “Galicia” para a área cristiá e utilizando “Hispania” para a zona musulmá, sinalando ao tempo “Lusitania” e “Tarracona”. Eis un extracto da peza, publicada no Sermos Galiza 296.
O autor da cartografía, Lambert de Saint Omer, foi un monxe bieito e cóengo da catedral de Saint Omer en Calais, nado en 1061 e finado arredor de 1150, que destacou pola súa grande erudición e por uns grandes coñecementos en temas históricos teolóxicos, musicais e xeográficos. A súa grande formación ficou testada no Liber floridus, unha auténtica enciclopedia do momento, rematada á volta de 1120 e que vén ser unha historia completa do mundo coñecido. A obra escrita en latín, amais dunha crónica de grande interese sobre a cultura normanda, achega estudos nos ámbitos da astronomía, ciencias naturais, filosofía e xeografía. As fontes e as influencias para este traballo son diversas, sinalándose as obras de autores que o precederon como Vela, San Isidoro ou Idacio pero tamén da súa propia experiencia de viaxeiro por diferentes zonas de Europa.
[Podes ler a peza íntegra no número 296 de Sermos Galiza, á venda nos quiosques e na loxa]