O Reino da Galiza no mapamundi de Salustio
é moi escasa a información coa que contamos arredor deste mapamundi. Incorporado a un conxunto de manuscritos de 1420, onde se conteñen unha serie de indicacións para ilustrar A conxura de Catilina e A guerra de Iugurta do historiador Salustio, recolle unha serie de ilustracións do mestre de Bedfor, un artista e iluminador residente en París, así como de varios operarios do seu obradoiro, entre eles Jean Lebegues. Aínda que nalgún momento se lle adxudicou a autoría deste mapa a Bedfor, autor do Libro das horas do rei galego Xoán de Lancaster, a opinión xeneralizada actualmente é que se trata dunha obra anónima. Propiedade da familia Petau ao longo do século XVII, á volta de 1720 foi mercado en Xenebra por Ami Lullin, que remataría por doalo á Biblioteca de Xénova.
Influída por Ptolomeo
A concepción cartográfica presente no traballo estará influída, ao tempo, pola obra de Ptolomeo e os portolanos da escola catalá. A produción de Ptolomeo volverá ser valorada en Occidente após a tradución de parte dos seus textos ao latín en 1406, deixando pegada nalgúns dos máis importantes xeógrafos da época como Pirrus de Noha ou Andrea Bianco, onde Galiza ocupa un lugar de destaque.
[Podes ler a reportaxe íntegra no número 363 do semanario en papel Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]