O Mapa de Sawley: Galiza arredor de 1150
É unha referencia na cartografía medieval europea. Influído por traballos anteriores, moi particularmente polos do Beato de Liébana, o Mapa de Sawley está datado arredor de 1150, servindo de orientación a outras xeografías posteriores como de Hereford, Ebsfort ou o Salterio. Eis un extracto da peza publicada no semanario Sermos Galiza, número 288.
Coñecido
Atribuído ao arcebispo Henrique de Mainz, se ben cada día son maiores e máis documentadas as dúbidas sobre a autoría do político e intelectual xermano, unha parte dos expertos considérano de orixe británica. Responde ao esquema dos mapas T-O, o mundo habitábel fórmano os tres continentes coñecidos do hemisferio norte, con Asia na metade superior, e a África no cadrante inferior dereito. Un lugar destacado no mapa ocúpano os espazos da cristiandade, sinalando Roma, Xerusalén e Santiago de Compostela, cuxa catedral aparece como a máis grande de Europa, cuestión que acontece noutros mapas do momento ou mesmo anteriores, como o do Burgo de Osma, estudado e explicado por Serafín Moralejo.
[Podes ler a peza íntegra no número 288 do semanario Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]