Galiza no mapa

O Mapa de Sawley: Galiza arredor de 1150

É unha referencia na cartografía medieval europea. Influído por traballos anteriores, moi particularmente polos do Beato de Liébana, o Mapa de Sawley está datado arredor de 1150, servindo de orientación a outras xeografías posteriores como de Hereford, Ebsfort ou o Salterio. Eis un extracto da peza publicada no semanario Sermos Galiza, número 288.

5.B
photo_camera Mapa de Sawley

Coñecido5 como o Mapa de Sawley, esta referencia na cartografía medieval europea foi atopada nun manuscrito da crónica do Imago Mundi, conformando un mapa de forma oval, dunhas dimensións de 29,5 por 20,5, que inclúe 229 lendas e unha ampla lista de inscricións e accidentes xeográficos, cun nivel de precisión máis elevado que outras cartografías máis modernas. A copia conservada de finais do século XII está depositada na biblioteca da Universidade de Cambridge.

Atribuído ao arcebispo Henrique de Mainz, se ben cada día son maiores e máis documentadas as dúbidas sobre a autoría do político e intelectual xermano, unha parte dos expertos considérano de orixe británica. Responde ao esquema dos mapas T-O, o mundo habitábel fórmano os tres continentes coñecidos do hemisferio norte, con Asia na metade superior, e a África no cadrante inferior dereito. Un lugar destacado no mapa ocúpano os espazos da cristiandade, sinalando Roma, Xerusalén e Santiago de Compostela,  cuxa catedral aparece como a máis grande de Europa, cuestión que acontece noutros mapas do momento ou mesmo anteriores, como o do Burgo de Osma, estudado e explicado por Serafín Moralejo.

[Podes ler a peza íntegra no número 288 do semanario Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]

Máis en Mapas do reino
Comentarios