Portugal prescindirá 30 mil funcionari@s e gravará máis as pensións

Passos Coelho

O primeiro ministro portugués anunciou esta sexta feira máis un pacote de medidas por valor de 4,8 mil millóns de euros até 2015

 

Passos Coelho compareceu perante os medios de comunicación esta sexta feira para dar a coñecer o novo plan de reformas que o seu executivo presentará á Asembleia da República. 

Após a sentenza do Tribunal Constitucional que declarou contrarias a dereito algunhas das medidas recollidas nos Orzamentos de Estado para 2013, o goberno de coaligación prepara un novo plan de medidas que respondan aos obxectivos de défice exixidos pola Troika. "Aínda non resolvemos o problema do défice" advertiu ao comezo da súa intervención o primeiro ministro "temos que o reducir máis". 

O goberno portugués centrará o seu programa de recortes nunha "reforma da administración pública" e na aplicación dunha nova taxa nas pensións superiores aos 1350 euros, en concepto de "contribución de sustentabilidade" á depesa pública. Neste senso, Passos Coelho anunciou que para 2014 serán despensad@s perto de 30.000 traballador@s públic@s por vía de "rescisións amigábeis" e de "mobilidade especial". Aliás, aumentará a xornada laboral na función pública ao pasar das 35 horas semanais, até o de agora vixentes, ás 40 horas. 

Asemade, o pacote incorpora a modificación da idade de xubilación. A partires deste 2013 @s traballador@s públic@s e privad@s poderán xubilarse "sen penalización" aos 66 anos, malia que a idade legal se mantén nos 65.