sábado 16/10/21

A Xunta resucita ‘Desván (de los Monjes)’

O topónimo oficial deste concello é Sobrado dos Monxes. Un conselleiro de Cultura deturpouno en 2010 e a Consellaría de Sanidade agora, en 2021.

desvan

“Desván, Soutomaior, Arteixo y Chantada quedan en el nivel alto (de restricións)”. A nota, en versión castelán, da Consellaría de Sanidadade sobre o comité clínico da pasada semana descúbrenos un novo concello na Galiza: Desván. Un municipio que non figura en ningún mapa, oficial ou non oficial, nin ningunha listaxe de toponimia da Galiza

‘Desván’. Non se escoitaba este topónimo desde 2010. Daquela fora en Fitur, en Madrid, cando o conselleiro de Cultura naquela altura, Roberto Varela, dixo “Desván de los Monjes” para se referir ao concello, este si existente, de Sobrados dos Monxes.

O ‘Desván’ da Consellaría de Sanidade semella proceder tamén, como o de Roberto varela, da deturpación.

Unha deturpación que non pasou desapercibida nas redes sociais, onde varios usuarios e usuarias reclamaron explicación á Xunta. Desde A Mesa xa sinalaron que puxeron esta deturpación en coñecemento da 'Liña do Galego'.

 

comentarios