Unha lingua busca amparo
Recorrente, prolixo e inevitábel, o debate sobre o estado da lingua é un combate diario entre quen acredita no galego como idioma do país e quen pensa que o idioma é un defunto ao que lle render a homenaxe anual das Letras. Esta semana previa ao 17 de maio a disputa continuou na Academia e no Parlamento. Sen avances. Deixamos un extracto da reportaxe publicada ao respeito no Sermos Galiza 245.
“O galego é o único idioma do Estado español que perde falantes a unha velocidade que podería convertelo en residual en poucas décadas”, escribe o escritor e profesor Carlos Callón no arranque do seu último libro. A diagnose é amplamente asumida. A lingua está condenada á intranscendencia de non producirse un xiro radical na política lingüística do país nos próximos anos.
Hai menos dunha ducia de alumnos no Salón de Graos da facultade. Pero os estudos sobre a lingua son unha das fontes máis prolíficas e prolixas da academia e a feble industria editorial. Isto pasa nos países por normalizar. Tamén, que os filólogos deveñan políticos.
[Podes ler a información íntegra no Sermos Galiza 245, á venda na loxa e nos quiosques e puntos de venda habituais]