Twitter incorpora o galego

A rede social engade a lingua galega desde o 20 de febreiro. O catalán e o éuscaro incorporáronse este pasado verán. Foi posíbel grazas á contribución de tradutor@s voluntari@s.

Twitter xa ten o galego como unha das súas linguas de uso. Conseguiuse grazas á contribución de tradutor@s voluntari@s. Un deles, Carlos García, teimou co perfil @twitter_en_galego para que a nosa língua estivera presente nesa rede social.

No mes de novembro chegou a crear unha páxina web para facilitar a incorporación de voluntari@s. Este estudante de Políticas da USC sinalaba que se non existía traballo de tradución Twitter non aceptaría nunca o galego como unha opción máis.

As traducións continúan no Centro de Tradución e pódense realizar correccións e achegas para mellorar a calidade lingüística coa que conta na actualidade.

Comentarios