Tes intención de inscribirte nas probas de coñecemento da lingua galega? Este é o prazo

Nesta segunda convocatoria do 2025, a Consellaría de Cultura, Lingua e Xuventude prevé a realización dos exames correspondentes aos niveis máis solicitados: Celga 2, Celga 3 e Celga 4.
Un estudante durante un exame. (Foto: Álvaro Ballesteros / Europa Press)
Un estudante durante un exame. (Foto: Álvaro Ballesteros / Europa Press)

A Xunta da Galiza abre esta segunda feira o prazo para inscribirse nunha nova convocatoria das probas que permiten obter os certificados oficiais que acreditan o coñecemento da lingua galega. Segundo informou o Executivo galego, as persoas interesadas en realizar os exames Celga poderán anotarse até o próximo 3 de outubro.

Nesta segunda convocatoria do 2025, a Consellaría de Cultura, Lingua e Xuventude prevé a realización dos exames correspondentes aos niveis máis solicitados: Celga 2, Celga 3 e Celga 4. Está previsto que as probas se realicen na segunda quincena de novembro, tanto en Santiago de Compostela como en Ponferrada e Madrid.

As solicitudes e o xustificante de pagamento das taxas (16,92 euros) poderán presentarse por vía electrónica, a través do formulario normalizado da sede electrónica da Xunta, ou de forma presencial en calquera dos lugares e rexistros estabelecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Comentarios