Queremos Galego organiza este 11 de maio en Redondela un acto de desagravio a Natalia Soliño

A sexta, 11 de maio, a plataforma Queremos Galego vai organizar un acto de desagravio a Natalia Soliño, a rapaza á que un dos membros do tribunal do proceso selectivo ao que aspiraba lle advertiu "Si lo haces en gallego no te lo corregimos". No acto haberá lectura de textos, música e procederase a ler un manifesto. Será na Alameda de Redondela, ante a estatua de Castelao, ás 20:00 horas.

Comentarios