Palabras con memoria: Forza bruta

Nova edición das 'Palabras con memoria' da AELG.
Un home en fisioterapia. (Foto: Europa Press)
Un home en fisioterapia. (Foto: Europa Press)

adoucisa.- Lea, barullo, belén.

Exemplo.- “Vaia adoucisa se armou ao saír do bar onte á noite!”

Lugar de escoita.- Mosteiro e Meira (Lugo).

Fonte.- Vanessa Hermida Carballeira.

Outros apuntamentos.- Endl Navia de Suarna./Rubén Pol.

 

cinteladas.- Dar paus a unha persoa cun cinto.

Lugar de escoita.- Vilalba.

Fonte.- Vanessa Hermida Carballeira.

malvar.- (Ademais de significados xa rexistrados) Mancar, facer dano.

Exemplo.- “Aínda te has de malvar.”

Lugar de escoita.- Carnota.

Fonte.- Nuria López Lago.

zarapilda.- Malleira, tunda, zamina.

Lugar de escoita.- Taboada (Lugo).

Fonte.- Lucas Rigueira Rey.

zopetar.- Zoscar, pegar.

Exemplo.- “Como sigas así de chulo, hanche zopetar calquera día.”

Lugar de escoita.- Burela.

Fonte.- Mario Ferreira.

Comentarios