Palabras con memoria: terras
carredal.- Entrada a un eido, onde pode haber unha portela.
Lugar de escoita.- Buciños, Carballedo.
Fonte.- Hortensia Vázquez Fraga.
Outros apuntamentos.- A fonte indica que a palabra foi escoitada de boca de Guadalupe García Álvarez.
gatumeira.- Mato moi espeso, no que é moi difícil penetrar.
Lugar de escoita.- Moa - Vilatuxe, Serra do Candán (sudoeste do Concello de Lalín).
Fonte.- Daniel Blanco Moa.
Outros apuntamentos.- Adoita pronunciarse con gheada.
nemarello.- A pequena área herbácea que rodea as fontes que atopamos no monte.
Lugar de escoita.- Baltar (Ourense).
Fonte.- Xesús Baños.
platela.- Fonte.
Lugar de escoita.- Cerceda.
Fonte.- Lucía Prego Vázquez/CPI O Cruce de Cerceda.
raitame.- Peche dunha propiedade rural de tipo natural, con arbustos, silvas, etc.
Lugar de escoita.- Vilapedre (Terra Cha).
Fonte.- Antonio Eimil.