Palabras con memoria: Terra produtiva

Nova edición das 'Palabras con memoria' da AELG.
Uvas utilizadas para producir viño Albariño. (Foto: Avarand)
Uvas utilizadas para producir viño Albariño. (Foto: Avarand)

amirolo.- Caste de cirola amarga que se dá no amiroleiro.

Lugar de escoita.- Santo Adrián de Veiga.

Fonte.- Avelina Piñón Rodríguez (X. Ortigueira).

 

cagallón (de).- Caste de mazás de tamaño máis ben grande e de cor branca por fóra.

Lugar de escoita.- Couzadoiro (Ortigueira).

Fonte.- José Dovale Gómez/ (X. Ortigueira).

carrola.- Acio.

Exemplo.- “As uvas xa están maduriñas, así que se queres a proba, vaite por unha carrola.”

Lugar de escoita.- Castrofeito (O Pino).

Fonte.- Laura Rubio Rendo.

Outros apuntamentos.- Asegura a fonte que no lugar indicado non se utiliza a palabra acio e si a que achega a este glosario.

navia (2).- (Ademais de significados xa rexistrados incluso neste glosario) Clase de faba da zona de Quiroga.

Lugar de escoita.- Quiroga (a unha alumna de 1º de ESO do instituto).

Fonte.- María Xosé López Castro.

santiaguesa (1).- Caste de mazás pequeniñas e vermellas, con moito zume e sabor semellante ao da sidra.

Lugar de escoita.- Bembibre. Val do Dubra.

Fonte.- Hortensia Vázquez Fraga.

Outros apuntamentos.- O seu nome débese a que adoitan estar en comida no mes do Apóstolo.

Comentarios