Palabras con memoria: palabras antigas
chiolo.- Carro de vacas.
Lugar de escoita.- Bisbarra de Bergantiños.
Fonte.- Alberte Suras.
gancho.- (Ademais de significados rexistrados) Apeiro de labranza empregado para reguear consistente en dous dentes. Gadaño.
Exemplo.- "Nunca pon as patacas co arado, prefire poñelas ao gancho".
Lugar de escoita.- Burela (Mariña luguesa).
Fonte.- Mario Ferreira.
ganseira.- (Ademais doutros significados) Sinónimo de caínzo.
Lugar de escoita.- Navia de Suarna.
Fonte.- Toño Núñez.
mantela.- (Ademais doutros significados máis comúns) Saco aberto formando un cadrado sobre o que se poñen os feixes que se van coller e unha vez cheo átanse as esquinas en diagonal. Igual que engheo.
Lugar de escoita.- Punxín (Maside).
Fonte.- Susana Méndez (Artemia Valeiras Pérez).
zángole.- (Ademais de significados xa rexistrados) Dise do baldón que se lle pon ao carro para soportar o "cabezallo do carro".
Lugar de escoita.- O Corgo.
Fonte.- Emilio Rodríguez Aldegunde.
Outros apuntamentos.- Enviado desde o Centro de Día Vida (Monforte).