Palabras con memoria: mostrando o que levas dentro...

Nova edición de 'Palabras con memoria' de Ramiro Torres.
Fotograma de 'The Passion of Joan of Arc' (Carl Theodor Dreyer, 1928), filme inaugural da IX Mostra Internacional de Cinema Periférico S8 (A Coruña)
photo_camera Fotograma de 'The Passion of Joan of Arc' (Carl Theodor Dreyer, 1928), filme inaugural da IX Mostra Internacional de Cinema Periférico S8 (A Coruña)

aínda has ter vagar de esperar.- Expresión co mesmo significado que “Xa podes esperar sentado/a.”

Lugar de escoita.- A Limia.

Fonte.- Antón Méndez Gándara.

 

arricharse/arrichado/a.- (Ademais doutros significados coñecidos e recollidos) Alporizarse/alporizado/a, enfadado e con desexos de vinganza. Emprégase tamén cualificar os pelos de punta ou unha reacción impetuosa.

Exemplos.- “Arríchaste por nada”, “Esa película de medo arrichoume os pelos da cabeza”, “Estaba sentado e arrichouse dunha maneira, miña filla, que me asustou”. (Arrichouse aquí equivale a púxose en pé).

Lugar de escoita.- A bisbarra do Barbanza.

Fonte.- Constantino Prego

chavear.- (Ademais de significados rexistrados) Botar unha rifa a alguén.

Exemplo.- “Xaime chaveoume por non facer o traballo.”

Lugar de escoita.- As Pontes.

Fonte.- EDLG IES Moncho Valcarce (As Pontes).

esgarecer.- (Ademais doutros significados xa rexistrados) Ter falta de algo e desexalo con envexa.

Lugar de escoita.- A Mariña luguesa.

Fonte.- María Canosa.

gramar.- (Ademais de significados xa rexistrados) Fastidiarse, pasar mala vida.

Lugar de escoita.- Salceda de Caselas.

Fonte.- Pedro Salgueiro Sexto.

Outros apuntamentos.- O informante indica que o exemplo que escoitou é o do can "ghramado", o can que está encadeado toda a vida a un bidón.

Comentarios