Palabras con memoria: lingua pequeniña

Nova edición das 'Palabras con memoria' de Ramiro Torres.
Berce. (Foto: Nós Diario)
Berce. (Foto: Nós Diario)

abarrelar.- Mover o barrelo (berce) para que adormezan os nenos ou se tranquilicen.
Exemplo.- “A avoa leva toda a tarde abarrelando a súa netiña.”
Lugar de escoita.- Navia de Suarna/ Ancares.
Fonte.- CPI Plurilingüe de Navia de Suarna. 

acocorar.- (Á marxe doutros significados) Agarimar, adormecer no colo unha criatura.
Exemplo.- “Todas as noites acocoraba a filla cunha canción dos seus avós.”
Lugar de escoita.- Escudeiros (Ramirás).
Fonte.- Xoán Carlos Domínguez Alberte.

anicrén.- Nicrén, meniño moi pequeno.
Exemplo.- “Hai que mudar os cueiros do anicrén.”
Lugar de escoita.- Navia de Suarna.
Fonte.- Endl de Navia de Suarna (Rubén de Pol).

criaxe.- Crianza, acción de criar.
Lugar de escoita.- San Martiño (Vilaboa do Morrazo).
Fonte.- Sé Anxo Rosales González.
Outros apuntamentos.- Apunta a fonte que maila non aparecer en dicionarios galegos nin portugueses, atopou a forma "criagem" en textos brasileiros.

nécora.- (Ademais de significados obvios) Moneca.
Lugar de escoita.- Gondaísque (Terra Cha).
Fonte.- Antonio Eimil.

Comentarios