Palabras con memoria: leceres

Nova edición das 'Palabras con memoria' de Ramiro Torres.

'Munear', na comarca de Bergantiños, significa traballar, facer algo. (Foto: Carballo)
'Munear', na comarca de Bergantiños, significa traballar, facer algo. (Foto: Carballo)

aparrear.- Fatigar.
Exemplo.- "O avó dixo que ía aparrear a perna se andaba moito sobre ela".
Lugar de escoita.- Cee.
Fonte.- María Canosa.

estafa.- (Ademais de significados xa rexistrados) Acción ou obra fatigosa; ou que causa fatiga. Existe o verbo "estafar" na mesma parroquia de escoita co significado de fatigar.
Exemplo.- "Cheghou aquí medio estafado".
Lugar de escoita.- Santa Mariña (Covelo).
Fonte.- Sé Anxo Rosales González.

murear.- Traballar, facer algo.
Exemplo.- "Este rapaz non murea nada".
Lugar de escoita.- Bergantiños.
Fonte.- Alberte Suras.

tarabuxar.- (Ademais de significados xa rexistrados) Facer pequenos traballos que requiren certa maña, mais non teñen moita importancia.
Exemplo.- "Non sei que estará tarabuxando na palleira".
Lugar de escoita.- Sober.
Fonte.- Ramón Sandoval.

urnión.- Roncón da gaita.
Lugar de escoita.- Santa Mariña (Covelo).
Fonte.- Sé Anxo Rosales González.

Comentarios