Palabras con memoria: eroticidades

Nova edición das 'Palabras con memoria' de Ramiro Torres.
Uns pés ao sol sobre a area da praia. (Foto: Micha W.)
Uns pés ao sol sobre a area da praia. (Foto: Micha W.)

broucar.- Ter relacións sexuais. Foder.
Exemplo.- "Aquela parella está broucando".
Lugar de escoita.- Toutón (Mondariz).
Fonte.- Sé Anxo Rosales González.
Outros apuntamentos.- A fonte sinala que este mesmo verbo é empregado na mesma parroquia e en Pesqueiras (Salvaterra) co significado de bater, bourar.

chiscar.- Copular.
Lugar de escoita.- Navia de Suarna.
Fonte.- Marcos Seixo.

mandar.- (Ademais de significados obvios) Realizar o acto sexual.
Exemplo.- "Deixouno porque non lle mandaba ben".
Lugar de escoita.- Val Miñor.
Fonte.- Albino Soto Figueroa.

quilar.- Fornicar.
Lugar de escoita.- A Coruña, Bergantiños, Ferrolterra...
Fonte.- Xosé Luís Martínez Pereiro.
Outros apuntamentos.- A fonte cre que é probable que chegase ao galego desde o latín dos canteiros.

ramallo.- (Ademais de significados obvios. En sentido figurado) Persoa que asexa parellas mentres manteñen relacións sexuais, voyeur.
Lugar de escoita.- Caranza (Ferrol).
Fonte.- Emma Rodríguez López.
Outros apuntamentos.- Os voyeurs asexan ocultos detrás de algo, así que sendo a acción ao aire libre, o parapeto adoitaba ser un ramallo.

Comentarios