Palabras con memoria: (des)cansando

Nova edición das 'Palabras con memoria' da AELG.

Unha familia botando unha partida de Dixit. (Foto: Carlos Luján / Europa Press) cartas naipes xogo
Unha familia botando unha partida de Dixit. (Foto: Carlos Luján / Europa Press)

bicha.- (Ademais de significados xa rexistrados) O as de bastos, no xogo de cartas.

Lugar de escoita.- Santa Mariña (Covelo).

Fonte.- Sé Anxo Rosales González.

 

entangar.- Facer perder o tempo, ocupar.

Exemplo.- “Veu o meu tío de visita e entangoume a tarde.”

Lugar de escoita.- Nois (A Mariña luguesa).

Fonte.- Marco Candia.

envoltas, ás.- Metido en fariña, ocupado en...

Lugar de escoita.- Corme (A Coruña).

Fonte.- Xulio López Valcárcel.

piote.- (Ademais de significados xa rexistrados) Mazo de cartas que en varios xogos, despois de repartir o número establecido a cada xogador, queda boca abaixo e de onde os xogadores poden ir collendo unha a unha cando lles toca.

Lugar de escoita.- A Coruña.

Fonte.- Henrique Harguindey.

puzo.- (Ademais doutros significados relacionados coa auga) Morea de cartas formado polas que van deixando os xogadores por orde, en varios xogos.

Lugar de escoita.- A Coruña.

Fonte.- Henrique Harguindey.

Outros apuntamentos.- Os participantes teñen a opción de coller unha carta do piote ou do puzo.

Comentarios