Palabras con memoria: construíndo

Nova edición das 'Palabras con memoria' de Ramiro Torres.
Muíño do Batán nos Vilares, Guitiriz (A Terra Chá). (Foto: Pepe do Couto)
Muíño do Batán nos Vilares, Guitiriz (A Terra Chá). (Foto: Pepe do Couto)

churriolo.- Ventá pequena sen tapar que dá a unha corte.
Lugar de escoita.- Valdoviño.
Fonte.- Mario Caneiro.

cocho.- (Ademais de significados xa rexistrados) Especie de cabana para gardar a palla, feita de ladrillo e con teito de uralita.
Exemplo.- "Garda a palla no cocho que vai chover".
Lugar de escoita.- Cerceda.
Fonte.- Carlos Souto Fuentes/ CPI O Cruce de Cerceda.

estalaxada.- Estaribel, enxeño de fabricación caseira cun obxectivo practico determinado.
Lugar de escoita.- A zona de Xanceda e Boimorto.
Fonte.- Baldomero Iglesias Dobarrio.
Outros apuntamentos.- Isabel Figueira apunta que no concello d'O Pino, en sentido figurado esta palabra significa: Cantidade de obxectos innecesarios para unha determinada situación. Exemplo: "Onde vas con tanta estalaxada para cortar catro herbas?". Ou obxectos amoreados...

llalar.- Lugar dentro da casa onde se gardaba a leña.
Lugar de escoita.- Cerceda.
Fonte.- Marta Otero Deus/CPI O Cruce de Cerceda.

pousafoles.- (Sobre todo e ademais de significados xa rexistrados) Parte sobresaínte do muíño que serve para pousar os sacos.
Exemplo.- "Tráeme un saco do pousafoles".
Lugar de escoita.- Cerceda.
Fonte.- Anaíd Canedo Vicente/CPI O Cruce de Cerceda.

Comentarios