Palabras con memoria: biolingua
Nova edición das 'Palabras con memoria' de Ramiro Torres.
chacarro.- Paxaro de cabeza negra, peito arrubiado e laterais brancos ou pardos. Tamén chamado chasco ou chaschás.
Exemplo.- "Cada vez vense menos chacarros".
Lugar de escoita.- Sober (Lugo).
Fonte.- Ramón Sandoval.
dinuncela.- Donicela.
Lugar de escoita.- O Courel.
Fonte.- Dun vocabulario courelao.
lagáchima.- Lamagacha, lagáchema, lesma.
Lugar de escoita.- Cerceda.
Fonte.- Sandra Don Gómez/ CPI O Cruce de Cerceda.
mirico.- Cría da ovella acabada de nacer.
Lugar de escoita.- Belesar (Baiona).
Fonte.- Noa Pérez.
Outros apuntamentos.- Alumna de 3º da ESO do CPR Plurilingüe Ángel de la Guarda en Nigrán.
rascacheiro.- Ourizo cacho.
Lugar de escoita.- Barantes (Sober).
Fonte.- Ramón Sandoval.