Palabras con memoria: Atrapallamentos lingüísticos

Nova edición das 'Palabras con memoria' da AELG.
Marmelos. (Foto: Abafrutas)
Marmelos. (Foto: Abafrutas)

catriburrarse.- Trabucarse falando.

Lugar de escoita.- A Chiela (Lourenzá).

Fonte.- María Celina Cruz Rodríguez.

 

cuchara (meter a).- Meter a pata falando.

Lugar de escoita.- Pacios da Serra (Quiroga).

Fonte.- María Celina Cruz Rodríguez.

empapullar.- Ter dificultade para expresar oralmente ideas con claridade e fluidez (nun sentido irónico).

Exemplo.- “Empapullouse e non lle entendía nada do que quería contar.”

Lugar de escoita.- O Morrazo.

Fonte.- Roberto Rodríguez Piñeiro.

Outros apuntamentos.- Grupo Maré do Morrazo, formado por Salvador Castro Otero, Lucía Durán Paredes, Xosé Manuel González Barreiro, Henrique Harguindey Banet, Xosé Martínez García, Ramón Rocamonde Gómez e María Emma Tilves Pazos.

marmelo.- (Ademais do obvio significado) En sentido figurado: Dise da persoa que non se expresa con claridade.

Lugar de escoita.- Muxía.

Fonte.- Proxecto Buserana de Muxía.

Comentarios