Palabras con memoria: antigüidades renovadas

Nova edición das 'Palabras con memoria' da AELG.
Carro á beira do Miño. (Foto Luis Miguel Bugallo Sánchez)
Carro á beira do Miño. (Foto Luis Miguel Bugallo Sánchez)

alaxada.- Estaribel, estalaxada; enxeño caseiro cun fin práctico.

Lugar de escoita.- A zona de Xanceda e Boimorto.

Fonte.- Baldomero Iglesias Dobarrio.

 

albañal.- Penico.

Lugar de escoita.- O Incio.

Fonte.- Marica Campo Domínguez.

Outros apuntamentos.- Sinala a fonte a posíbel transposición da palabra castelá de idéntica grafía que significa "canal para detritus" ou "depósito de inmundicias".

barbana.- Pedazo de tea vella que se aproveita para envolver ou limpar. Xeralmente restos de sabas retiradas do uso.

Lugar de escoita.- Navia de Suarna.

Fonte.- Toño Núñez.

calabozo.- (Á marxe doutros significados) Corno no que se levaba a pedra de afiar a gadaña, con auga.

Lugar de escoita.- Vilouzán (municipio de Láncara, lindando con Triacastela).

Fonte.- Suzana do Páramo.

pertegal.- Parte do carro na que se coloca a carga.

Lugar de escoita.- Navia de Suarna.

Fonte.- Toño Núñez.

Comentarios