Palabras con memoria: lingua alimentando o presente
Nova edición das 'Palabras con memoria' de Ramiro Torres.
carafuncho.- (Ademais de significados xa rexistrados) Gran de maínzo sen lograrse, deforme.
Lugar de escoita.- Queixas, Cerceda.
Fonte.- Manuela Barbeito (Yago Pazos Barbeito).
caroubeira.- Garoubeira. Cereixa brava, pequena e aceda.
Lugar de escoita.- Bisbarra de Sarria.
Fonte.- María Xosé López Castro.
casulo.- (Ademais de significados xa rexistrados) Espiga de millo debullada, sen os granceiros.
Exemplo.- “Os casulos son bos para prender o lume.”
Lugar de escoita.- Arbo.
Fonte.- Pedro Salgueiro Sexto.
fraudo.- A flor do millo.
Lugar de escoita.- Boiro.
Fonte.- Alumnado do CEIP Praia Xardín (recompilado polo EDLG do Centro).
pera de San Lourenzo.- Variante de mazá.
Lugar de escoita.- Sabucedo (A Estrada).
Fonte.- Manuel Cabada Castro.
Outros apuntamentos.- Variedade de pera en Sabucedo, bastante saborosa, de tamaño medio, redondeiras e de polpa algo granulada sobre todo cara ó centro e tamén un chisco secas (non con moita auga).
verdina.- Dise de verduras como a nabiza cando está moi verde e vizosa.
Lugar de escoita.- Sarria.
Fonte.- María Xosé López Castro.
Outros apuntamentos.- Indica a persoa informante que se di que as nabizas só comezan a saber ben desde que xea un pouco porque entón váiselles a verdina.