Palabras con memoria: lingua alimentando o presente

Nova edición das 'Palabras con memoria' de Ramiro Torres.

A caroubeira é unha cereixa brava, pequena e aceda (Foto: Alicja Neumiler).
photo_camera A caroubeira é unha cereixa brava, pequena e aceda (Foto: Alicja Neumiler).

carafuncho.- (Ademais de significados xa rexistrados) Gran de maínzo sen lograrse, deforme.

Lugar de escoita.- Queixas, Cerceda.

Fonte.- Manuela Barbeito (Yago Pazos Barbeito).

 

caroubeira.- Garoubeira. Cereixa brava, pequena e aceda.

Lugar de escoita.- Bisbarra de Sarria.

Fonte.- María Xosé López Castro.

casulo.- (Ademais de significados xa rexistrados) Espiga de millo debullada, sen os granceiros.

Exemplo.- “Os casulos son bos para prender o lume.”

Lugar de escoita.- Arbo.

Fonte.- Pedro Salgueiro Sexto.

fraudo.- A flor do millo.

Lugar de escoita.- Boiro.

Fonte.- Alumnado do CEIP Praia Xardín (recompilado polo EDLG do Centro).

pera de San Lourenzo.- Variante de mazá.

Lugar de escoita.- Sabucedo (A Estrada).

Fonte.- Manuel Cabada Castro.

Outros apuntamentos.- Variedade de pera en Sabucedo, bastante saborosa, de tamaño medio, redondeiras e de polpa algo granulada sobre todo cara ó centro e tamén un chisco secas (non con moita auga).

verdina.- Dise de verduras como a nabiza cando está moi verde e vizosa.

Lugar de escoita.- Sarria.

Fonte.- María Xosé López Castro.

Outros apuntamentos.- Indica a persoa informante que se di que as nabizas só comezan a saber ben desde que xea un pouco porque entón váiselles a verdina.

Comentarios