Milleiros en Compostela na defensa dun idioma para un país de [email protected]

Unha maré de persoas, de todas as idades, fan da capital da Galiza o barco dun idioma universal. “Non queremos ser [email protected] na propia Patria”. Non pedimos demasiado, non?

galego

 

“Non queremos ser [email protected] na propia Patria”. A palabra de orde de Queremos Galego reuniu milleiros e milleiros de persoas en Compostela, nunha multitudinaria manifestación que non quixo saber nin de adversidades meteorolóxicas nin políticas.

Unha maré, unha verdadeira maré, percorreu a capital de Galiza, Con faixas, lemas, cancións, alegría... “Non presumo, mais tampouco teño por que pedir perdón. Falo galego e punto”, indicaba Maribel, unha estudante universitaria de Vigo.

"Alonso Montero/non fala galego", un dos hits da manifestación. Da man, como non, do reintegracionismo

Foi unha protesta multitudinaria. Non hai que ter medo á palabra protesta. Foi unha protesta. Contra as políticas que afogan e marxinan o idioma propio do país. [email protected] e [email protected], [email protected] e [email protected],de esquerdas e non de esquerdas, pola independencia e por seguir no Estado... o galego é tan plural como a xente que o fala. Non se trata de marxinar nin de impoñer, trátase de poder vivir en Galiza en Galego.

A pallasa do PP

E no medio da mobilización na que participaron milleiros de persoas, un pallaso. Bon, perdón para os pallasos. Non era un pallaso, Era unha provocadora, animada por determinado medio de comunicación con idea de provocar. Unha moza con bandeira do PP percorrendo a mobilización, procurando que a provocasen e a insultasen. Saiu ben parada. Como moito, indiferenza..

Ogallá ese mesmo medio de comunicación mande a unha persoa coa bandeira galega ou a prol do galego a unha mobilización desas que tanto gosta de Galicia Bilingüe/UpyD/soloenespañol. De certo, non sairía tan ben parado.

Nada que ocultar

A manifestación partiu da Alameda de Compostela e acabou na Praza da Quintana. Na manifestación había actrices e actores, [email protected], polí[email protected], [email protected], mú[email protected] tamén había mariñ[email protected], [email protected], [email protected], [email protected], [email protected], estudantes, [email protected], autó[email protected],... Unha cousa que sorprenderá a Feijóo: na manifestación a prol do galego había castelán-falantes. Xente que entende que o idioma propio de Galiza merece estar ao mesmo nivel que o Estado

Os do eneagá, os mellores cuñados

E tamén estaban na manifestación os reintegracionistas e lusistas (vaia vostede a saber a diferenza!). Eran distinguíbeis porque levaban un sorriso. Faixas con eneagá, eleagá e moita brincadeira.... Dicía un manifestante de Aguiño: “Son como eses cuñados que son un pouco pesados, pero dos que sabes que teñen razón”.

Apoia Nós Diario

Se estás lendo de balde este xornal é grazas ás máis de 3.000 persoas subscritoras. A información independente ten un prezo. Apoia un xornalismo galego e sustentábel subscribíndote a Nós Diario ou facéndote mecenas.

comentarios