A Lei de Acompañamento inclúe novas exencións de coñecer o galego para traballarna Administración galega

Cando "non existan candidatos nas listas de contratación" que teñan o Celga.
José López Campos, esta terza feira, no Parlamento. (Foto: Xunta da Galiza)
José López Campos,conselleiro de Cultura, Xuventude e Lingua, no Parlamento. (Foto: Xunta da Galiza)

A lei de acompañamento volve, un ano máis, introducir modificacións para eximir do coñecemento do idioma galego para traballar na Administración pública galega.

Así, no texto da lei de medidas fiscais e administrativas que esta segunda feira se presentou na Cámara galega disponse que  "cando, pola inexistencia de persoal integrante das listas para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta da Galiza", en determinadas categorías, "non existan candidatos que estean en posesión do certificado acreditativo do nivel de coñecemento da lingua galega correspondente, poderán ser seleccionados candidatos que carezan del".

Hai, pois, unha modificación no camiño da relaxación do requisito de acreditar o coñecemento do galego para traballar temporalmente en varias categorías de persoal laboral e funcionario na Administración galega. 

"Nas categorías profesionais 2 do grupo I, 2 do grupo II, e 3 do grupo IV, ou para o nomeamento de persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario de corpos ou escalas equivalentes, así como na escala técnica de cociña (subgrupo C1) e escala auxiliar de cociña (subgrupo C2)", indícase na lei.

A Lei de Medidas Fiscais e Administrativas que acompañaba as contas de 2025 deliminaba a obrigatoriedade do certificado acreditativo do nivel de coñecemento da lingua galega na contratación temporal laboral da Xunta.

Comentarios