O galego vende
Pasaron 140 anos e cómpre preguntarse en que punto nos encontramos. Como evolucionou a publicidade no país? Está normalizada no noso sistema mediático? Que factores levan as empresas a apostar nos anuncios en galego? Respondemos estas e outras preguntas no Sermos Galiza 220, xa á venda na loxa e quiosques. Deixamos aquí un extracto da reportaxe sobre lingua e publicidade.
Os investigadores Gabriel Rei-Doval e Fernando Ramallo analizaron a resposta dos consumidores e consumidoras fronte aos anuncios en galego, así como a percepción das empresas ante o seu uso nas campañas publicitarias, nos libros Publicidade e lingua galega (1995) e Vender en galego (1997). As conclusións de ambas as obras, consideradas referencia sobre a materia, presentaban un escenario optimista e rachaban con algúns dos tópicos máis estendidos. Entre elas, amosaba que un 80% dos consumidores e consumidoras se mostraban partidarias da publicidade en galego, mesmo entre castelán-falantes, mentres que só un 5% rexeitaba explicitamente a súa utilización.
[Podes ler a reportaxe íntegra, que ocupa o Tema de Primeira, no Sermos 221, xa á venda nos quiosques e na loxa]