En Papel

O galego vende

Pasaron 140 anos e cómpre preguntarse en que punto nos encontramos. Como evolucionou a publicidade no país? Está normalizada no noso sistema mediático? Que factores levan as empresas a apostar nos anuncios en galego? Respondemos estas e outras preguntas no Sermos Galiza 220, xa á venda na loxa e quiosques. Deixamos aquí un extracto da reportaxe sobre lingua e publicidade.

Manifestación en defensa da lingua_Galiza Contrainfo
photo_camera Manifestación en defensa da lingua_Galiza Contrainfo

Os investigadores Gabriel Rei-Doval e Fernando Ramallo analizaron a resposta dos consumidores e consumidoras fronte aos anuncios en galego, así como a percepción das empresas ante o seu uso nas campañas publicitarias, nos libros Publicidade e lingua galega (1995) e Vender en galego (1997). As conclusións de ambas as obras, consideradas referencia sobre a materia, presentaban un escenario optimista e rachaban con algúns dos tópicos máis estendidos. Entre elas, amosaba que un 80% dos consumidores e consumidoras se mostraban partidarias da publicidade en galego, mesmo entre castelán-falantes, mentres que só un 5% rexeitaba explicitamente a súa utilización.

2 (1)“Os dados desmenten que o galego sexa para o consumidor símbolo de atraso ou un elemento de comunicación inaxeitado para a vida moderna. Tal concepción resulta obsoleta na publicidade e no mundo comercial. A inmensa maioría acéptao como válido para utilizar nos diferentes medios difusores da publicidade […] e considérao perfectamente válido para anunciar produtos de prestixio, alto nivel ou que deban transmitir confianza. Non se detectan posíbeis perdas de imaxe nin un posíbel impacto negativo no consumidor”, sentenciaban os académicos en base aos dados recollidos. Dúas décadas despois das investigacións, o contexto social cambiou: o número de galego-falantes cae ano tras ano, as políticas institucionais avanzan en dirección contraria á normalización da lingua e a produción de anuncios en galego segue a ser minoritaria. Que cambiou desde entón?

[Podes ler a reportaxe íntegra, que ocupa o Tema de Primeira, no Sermos 221, xa á venda nos quiosques e na loxa]

Comentarios