Fernando Vázquez: “O normal debería ser dar as entrevistas en galego”

Fernando Vázquez na Festa do V aniversario de Sermos. 13 de maio de 2017

O adestrador do Deportivo defende poder usar a lingua galega nas entrevistas para o resto do Estado e que as subtitulen.

Fernando Vázquez volveu dar un exemplo de compromiso co galego. Desta volta, nunha entrevista no programa ‘Ao contra ataque’ da Radio Galego, onde dixo estar a gusto por poder expresarse en galego.

Preguntoulle o xornalista se iso non podía facelo sempre e o adestrador de Castrofeito respondeu cun “acabo de facer unha entrevista e pregunteille ao corresponsal se podía ser en galego, díxenlle que se era en galego dáballe un abrazo (sorrí)”.

O xornalista, dixo Vázquez, respondeulle que ía ser para todo o Estado. “Debería ser o normal (facela en galego) e que se subtitulase”, engadíu o adestrador do Dépor.

Non é a primeira vez que o treinador de equipas como Celta, Dépor, Compostela, Lugo, Mallorca ou Betis fai declaracións de apoio á lingua galega.