Fernando Vázquez volveu dar un exemplo de compromiso co galego. Desta volta, nunha entrevista no programa ‘Ao contra ataque’ da Radio Galego, onde dixo estar a gusto por poder expresarse en galego.
Preguntoulle o xornalista se iso non podía facelo sempre e o adestrador de Castrofeito respondeu cun “acabo de facer unha entrevista e pregunteille ao corresponsal se podía ser en galego, díxenlle que se era en galego dáballe un abrazo (sorrí)”.
O xornalista, dixo Vázquez, respondeulle que ía ser para todo o Estado. “Debería ser o normal (facela en galego) e que se subtitulase”, engadíu o adestrador do Dépor.
Non é a primeira vez que o treinador de equipas como Celta, Dépor, Compostela, Lugo, Mallorca ou Betis fai declaracións de apoio á lingua galega.
⚽️ A Fernando Vázquez gustaríalle dar todas as entrevistas en galego @RCDeportivo
— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) February 21, 2020
Aquí tedes a defensa que fixo da nosa lingua 👅 na @RadioGalega no programa @aocontraataque pic.twitter.com/GSJlQBG7TO