O 3 de maio Asturies celebra o Día de les Leltres Asturianes. E faino, máis unha vez, baixo a reivindicación da oficialidade para este idioma, cuxo status é de “especial protección” mais sen ter o recoñecemento de oficial por parte do goberno do Principado.
Por iso, Uviéu acollerá esta tardiña unha manifestación convocada pola Xunta pola Defensa de la Llingua Asturiana sob a palabra de orde de L´asturianu llingua oficial. En convocatorias anteriores, milleiros de asturian@s saíron á rúa para defender o seu idioma. .
O asturiano (ou bable, se ben este termo é relativamente recente) é un idioma fillo do latín e falado por volta de 100.000 persoas. Segundo os datos da Consellería de Educación de Asturies un total de 52 466 alumn@s estudaron asturiano no curso 2010/11.
L´Academia (Academia de la Llingua Asturiana) é a entidade que desde 1980 se encarga oficialmente do estudo, promoción e defensa do asturiano. As síuas orixes remóntanse ao século XVIII
'Llevámoslo dientro'
Desde 1980 vense celebrando na primeira semana de maio a Selmana de les Lletres Asturianes (Semana das letras asturianas). Nesta ocasión desenvólvese baixo o lema de 'Llevámoslo dientro'.