“Se vives en Galiza e tes entre 8 e 12 anos, participa en " Grumetes polo futuro do mar"! Un concurso de relato infantil en galego sobre a importancia de coidar os mares, océanos e recursos mariños”. Este simple anuncio de Pescanova provocou unha reacción anoxada en redes sociais por parte dos partidarios do monolingüismo en español.
A plataforma Hablemos Español reprochou á empresa que os nenos e negas galegas que falan castelán “non contan” e deu así a pistolada de saída a toda unha serie de críticas e ataques.
“Perdestes un cliente”, “Financiar o nacionalismo”, “concurso nunha lingua imposta”, “Elimino da miña listaxe de compra empresas como esta que repudian os que falamos español”, “exclúen os nenos que falan español”, “Iso é naZionalismo”... Estas foron só algunhas das frases que ao longo destas xornadas se escribiron nas redes sociais por parte de usuarios e usuarias de diferentes partes do Estado español.
Mais tamén houbo nas redes sociais unha importante resposta en defensa do dereito a convocar un concurso en galego. “Parabéns pola iniciativa”, “Os que falan de boicot por organizar un concurso en galego que non veñan por Galiza”, “Pero tanto lles molesta o galego?”...
Pescanova lanza su primer concurso infantil de relatos en gallego, los niños gallegos hispanoblantes no cuentan. #HablamosEspañol https://t.co/B7HECfxcGx
— Hablamos español (@HablamosE) March 13, 2021