Zelensky di agora que "está disposto a traballar baixo o liderado de Trump" e "listo" para asinar o acordo sobre minerais con EUA
[En actualización]
O presidente ucraíno hldixo esta terza feira lamentar a "deriva" que tomou a súa reunión co presidente de Estados Unidos, Donald Trump,a pasada sexta feira no Despacho Oval e avogou por “arranxar as cousas” e renovar “a cooperación e a comunicación” entre ambas as partes dunha forma construtiva.
"A nosa reunión en Washington, na Casa Branca , non saíu como se supoñía. É lamentábel que sucedese desta maneira", admitiu Zelenski nunha mensaxe de X.
“Quero reiterar o compromiso de Ucraína coa paz”, escribiu na súa conta de X despois de que fose acusado por Trump de non estar intinteresado en poñer fin á guerra.
Así mesmo, propuxo como primeiros pasos para unha saída negociada con Rusia a liberación de todos os prisioneiros de ambos os dous bandos e unha tregua marítima e aérea que poña fin tamén aos ataques contra as infraestruturas enerxéticas.