Vitoria do candidato verde en Austria

O reconto do voto por correo impón Alexander Van der Bellen fronte á ultra-dereita.

Van der Bellen
photo_camera Van der Bellen [Imaxe krone.at]

Escrutados os votos totais nas presidenciais austríacas, incluído o voto por correo, foi o candidato dos Verdes, Alexander Van der Bellen, quen finalmente se impuxo sobre o ultra-dereitista, Norbert Hofer, quen inicialmente lideraba os inquéritos. As 750 mil papeletas emitidas por correo (14% do censo) resolveron o que na noite electoral semellaba a vitoria de Van der Bellen. 

Así as cousas, o avanzo da ultra-dereita en Austria é evidente asentado fundamentalmente na crise de persoas refuxiadas e na economía como refletiu o lema de campaña de Norbert Hofer (FPÖ) 'Austria e os austríacos primeiro'. Porén, este fenómeno non é exclusivo do país. 

Nos últimos anos, as formacións de extrema dereita foron gañando apoios e mesmo alcanzando o goberno en Franza, Dinamarca, SuízaSuecia, Hungría, Eslovenia ou Bulgaria. 

Comentarios