A Revoluçom dos Cravos fai 46 anos e Portugal non está disposto a que a pandemia do coronavirus lle impida lembrar e conmemorar unha data chave na historia do país. Suspendidas actividades programadas, desde concertos a manifestacións, exposicións, palestras...pola COVID-19; unha iniciativa percorre o país desde Sagres até Melgaço.
A proposta é que o 25 de abril, ás 15:00 horas, portugueses e portuguesas saían a xanelas e varandas para cantar Grândola Vila Morena e o himno nacional . Desde diferentes concellos, como Montemor O Novo convídase á veciñanza, aliás, a decorar fiestras, portas e balcóns con caraveis vermellos, símbolo da revolución do 74.
PCP ( “Vem à janela, traz Abril para a Rua”), Bloco ("Solta a Grândola que há em ti") e diferentes colectivos, entidades e organizacións
Galiza
AJA (Associaçom José Afonso ) na Galiza tamén quer que na Galiza o 25 de abril non fique apagado pola pandemia. Programou unha serie de propostas que dará a coñecer a través das redes sociais nas vindeiras horas.
Para alén da especial relación da Galiza con Portugal, a Revoluçom dos Cravos representou un sopro de ar e liberdade para a Galiza ao abrir as portas ao exilio a militantes de organizacións políticas que traballaban na clandestinidade.