Varoufakis estaría a preparar a creación dun partido de ámbito europeo que teña como principal reclamo o combate das políticas de austeridade. Así o afirma o diario italiano 'Fatto quotidiano' e o semanario alemán 'Der Spiegel', que situarían na órbita desta organización aos premios nóbel Paul Krugman e J. Stiglitz ou a Oskar Lafontaine (ex-ministro alemán, creador de Die Linke após anos no SPD).
'Alianza Europea' podería ser a denominación deste novo movemento, que nace para ser transnacional e que estaría a valorar concorrer aos comicios europeos -der se adiantaren- co propio Varoufakis de candidato.