A vacinación en Europa contra o coronavirus principiará o 27 de decembro

Os días 27, 28 e 29 son os anunciados pola presidenta da Comisión Europea para iniciar a campaña.

Campaña de vacinación contra a gripe no Perú (Imaxe: Mariana Bazo / Zuma Press / Europa Press)
photo_camera Campaña de vacinación (Imaxe: Mariana Bazo / Zuma Press / Europa Press)

A presidenta da Comisión Europea puxo data ao inicio da vacinación en Europa. Os días 27, 28 e 29 de decembro segundo anunciou Von der Leyen: "Protexemos aos nosos cidadáns xuntos".

Europa iniciará así o proceso semanas despois de que este arrancase en áreas como China, Rusia ou os Estados Unidos.

A Axencia europea do medicamento (EMA) informou a principios desta semana de que convocara unha "reunión excepcional" do seu Comité de Medicamentos Humanos ( CHMP, polas súas siglas en inglés) o 21 de decembro para "avalar a vacina de  Pfizer e  BioNTech,.

DE por parte, o ministro de Sanidade español, Salvador Illa, declarou tras a xuntanza do pleno do Consello Interterritorial, sobre o desexo do Goberno estatal e das comunidades autónomas de chegar a un acordo con Europa para que os estados comezasen a vacinar o mesmo día.

Comentarios