Unha unidade policial especial chegada desde Roma interveu na detención de Puigdemont

Carles Puigdemont reaparece publicamente tras ser liberado (Foto: Lorena Sopena / Europa Press)

Axentes de Roma da División de Operacións Especiais do Ministerio do Interior italiano atopábanse no aeroporto do Sardeña, segundo publica en exclusiva Vilaweb.

A detención do presidente Carles Puigdemont en Sardeña a pasada quinta feira preparouse con antelación e executouse en coordinación con Digos, segundo vén de publicar Vilaweb. Digos é a División de Investigacións Xerais e Operacións Especiais do Ministerio do Interior italiano, que se ocupa do terrorismo e do extremismo político, entre outras tarefas.

Para levar a cabo a operación, as tropas de Digos procedentes de Roma e Cagliari desprazáronse a Sardeña, o que imposibilita a versión de que simplemente se activou unha alerta no momento no que se embarcou Puigdemon a quinta feira no aeroporto de Bruxelas con destino á illa.

Digos está relacionado en España prioritariamente coa UDEF e a UDYCO, unidades especializadas da policía española, pertencentes á Comisaría Xeral de Policía Xudicial, dedicadas, respectivamente, a investigar a corrupción e a loita contra o tráfico de drogas e o crime organizado.

Reforza a idea de que a policía española estivo no caso da detención do ex president catalán antes de que se producise; ou preparase a mesma cos seus colegas italianos

A detención na pista do aeroporto do presidente Puigdemont foi realizada polos carabineri, mais no interior do edificio había membros dos Digos que supervisaron a operación e a gravaron en vídeo, o que creou confusión nalgunhas persoas presentes, que pensaban que eran policías españois.

Esta información, que VilaWeb sinala que contrastou, "reforza a idea de que a policía española estivo no caso da detención do presidente antes de que se producise"; ou preparara a mesma cos seus colegas italianos.

Nesta liña, o xornal El Español explicou que o director xeral da Policía española, Francisco Pardo, e o subdirector operativo do corpo, José Ángel González Jiménez, estaban pendentes ese día pola noite do dispositivo para parar a Puigdemont. Estiveron en Valladolid nun acto da Fundación Española de Policía, xunto con todo o persoal do corpo policial.

A dirección policial depende directamente do Ministerio do Interior español, dirixido por Fernando Grande-Marlaska, que se apresurou a desvincular o goberno de Pedro Sánchez da detención, dicindo que "ningunha autoridade española, de ningún tipo ou departamento, estaba presente no deter, nin antes, nin durante nin despois. "