Ultradereita portuguesa pide explicacións aos seus ‘aliados’ de Vox por un mapa con Portugal anexionado a España

No mapa dos de Santiago Abascal Portugal e varias das súas ex-colonias aparecen como territorios españois.

mapa vox

Vox moveu polas redes sociais co gallo do ‘Día da Hispanidade’ un mapa do período colonial español no que inclúen como colonias Portugal e territorios que foran conquistados por Lisboa, o que non chistou nada aos seus amigos da extrema dereita lusa, representados no partido Chega.

O seu líder,  André Ventura, pediu "aclaracións" a  Vox sobre a difusión en redes sociais o mencionado mapa. "Estamos en contacto con  Vox e pedimos unha aclaración formal", dixo a medios lusos.

Este caso pode "afectar as relacións entre os países e entre os partidos", acrecentou. E iso pouco

O mapa alude a un período histórico no que Portugal formaba parte de España, recoñeceu Ventura, pero "podería ser evitado e debía evitarse porque é sabido que historicamente hai unha sensibilidade moi forte entre Portugal e España por este tema", engadiu.

En 2020 Vox publicou tamén nunha rede social un mapa de toda a península ibérica baixo o lema "España existe".

Ventura quere que  Vox retire de circulación o mapa e que non volva incorrer neste tipo de situacións "con independencia da súa natureza histórica".

O caso provocou tamén a protesta do presidente da Sociedade Histórica da Independencia de Portugal, José Ribeiro e Castro, que pediu a  Vox unha "desculpa" co país polo que considerou unha "ofensa gratuíta".

Non é a primeira vez que  Vox inclúe Portugal en territorio español. En 2020 publicou tamén nunha rede social un mapa de toda a península ibérica baixo o lema "España existe".

Entón, lembrou hoxe Ventura, xa esixiu desculpas a Vox sen resultado, aínda que a desavinza deuse por superado pouco despois.

Comentarios