A ultradereita imponse con claridade na primeira volta das eleccións en Austria

Socialdemócratas e conservadores fican á marxe da segunda volta, na que competirá o candidato dos Verdes.

austria ultradereita

A ultradereita (FPÖ) impúxose este domingo con claridade nas eleccións austríacas ao atinxir o seu candidato, Norbert Hofer, un 35,3% dos votos e situarse 14 puntos por diante da segunda persoa máis votada: Alexander Van der Bellen, de Os Verdes, que logrou un 21,3%. Ambos os dous pasarán á segunda volta, quenda da que fican fóra socialdemócratas (SPÖ) e conservadores (ÖVP), os dous partidos que protagonizaron a política austríaca desde a fin da II Guerra Mundial. SPÖ e ÖVP gobernaban en coligazón desde 2007. O Financial Times escrebe que esta "vitoria poderosa" amosa a capacidade da crise dos refuxiados para "provocar ondas de choque a toda Europa".

Norbert Hofer, de 45 anos, é vice-presidente do Parlamento e representa a ala “liberal” do seu partido, FPÖ, formación que levaba tempo experimentando un aumento de votos. Nas eleccións locais de 2015 conseguiu o 30% dos votos. Hofer afirmou en campaña que Austria estaba a recibir “milleiros de refuxiados” e que iso tiña que acabar porque “non somos o departamento social do mundo”, ao tempo que afirmaba que o islam non podía facer parte da cultura austríaca.

Comentarios