A UE deixa de recoñecer Guaidó como presidente interino de Venezuela

Porén, isto non implica unha mudanza da política de Bruxelas fronte a Venezuela.
Juan Guaidó (Imaxe: Didier Bauweraerts / European Parliament / dpa)
photo_camera Juan Guaidó (Imaxe: Didier Bauweraerts / European Parliament / dpa)

A Unión Europea deixou esta cuarta feira de recoñecer Juan Guaidó como presidente interino de Venezuela, tras expirar onte o mandato da Asemblea Nacional que presidía.

Nun comunicado do Alto Representante da UE para Política Exterior, Josep Borrell, asegurou que a UE manterá os seus contactos "con todos os actores políticos e da sociedade civil para devolver a democracia a Venezuela, incluído en particular Juan Guaidó e outros representantes da Asemblea Nacional saínte".

Aínda que afirma que a Asemblea de 2015 é a última expresión libre dos venezolanos nun proceso electoral, a UE evitou apoiar a extensión do mandato de  Guaidó como presidente da Cámara e por tanto 'presidente encargado'.

En decembro os 27 decidiron non recoñecer o resultado das eleccións lexislativas en Venezuela, ao considerar que non cumpriron os estándares internacionais "mínimos" e déronse un mes de prazo para definir a súa relación coa Asemblea Nacional.

Comentarios