A UCO rexistra os domicilios da ex directora de Adif e do ex director de Estradas polo 'Caso Koldo'

O Supremo ve "indicios par imputar Pardo de Vera e herrero e deixa a decisión en mans da Audiancia Nacional.
A ex presidenta de Adif e ex secretaria de Estado de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Isabel Pardo de Vera. (Foto: Jesús Hellín / Europa Press)
A ex presidenta de Adif e ex secretaria de Estado de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Isabel Pardo de Vera. (Foto: Jesús Hellín / Europa Press)

A Unidade Central Operativa (UCO) da Garda Civil acudiu esta quinta feira ás casas da ex presidenta de Adif Isabel Pardo de Vera e do ex director de Estradas Javier Herrero por orde da Audiencia Nacional, no marco da investigación do 'caso Koldo'. Fontes da investigación confirmaron a Europa Press que os axentes accederon aos seus domicilios para facer unha serie de requirimentos que xa terían finalizado.

Este movemento prodúcese unha semana despois de que o Tribunal Supremo enviase ao xuíz da Audiencia Nacional que investiga tamén a causa, os "indicios consistentes" contra a ex presidenta de Adif Isabel Pardo de Vera e o ex director xeral de Estradas Javier Herrero para que decida se indaga nos mesmos.

Segundo a Garda Civil, ambos poderían "prestar asistencia" ao ex ministro José Luis Ábalos a través do seu ex asesor Koldo García para as "indebidas adxudicacións" de obra pública a cambio de mordidas no marco da presunta trama destapada pola UCO nas pescudas que dirixe o Supremo.

[EN AMPLIACIÓN]

Comentarios