Trump anuncia o secuestro de Maduro e o seu traslado fóra de Venezuela
Agresión estadounidense contra Venezuela.
O presidente estadounidense, Donald Trump, anunciou esta mañá do sábado tres de xaneiro o secuestro do seu homólogo venezolano, Nicolás Maduro, e da súa esposa, Cilia Flores.
A nova, adiantada polo mandatario estadounidense na súa rede Truth Social, apunta que o presidente venezolano e a súa parella foron trasladados fóra do país, descoñecéndose actualmente o seu destino.
Trump fixo estas declaracións após unha reunión do Comité de Seguridade Nacional desenvolvina na súa residencia de Mar-a-Lago no Estado da Florida, desde onde comparecerá ás 11 horas para dar máis datos da operación.
As informacións achegadas de madrugada polas axencias internacionais e a prensa venezolana reportaban bombardeos da aviación estadounidense na zona do pazo de Miraflores, residencia oficial do presidente venezolano.
Os medios de prensa apuntaron, tamén, que en Cáracas se poderían estar desenvolvendo diversas operacións de comando, que poderían explicar a nova avanzada por Trump.
Vladimir Padrino
O ministro de Defensa venezolano, Vladimir Padrino, que "esta invasión representa a ultraxe máis grande que sufriu o país" e que neste momento están realizando un reconto de vítimas.
Padrino chamou a defender a soberanía de Venezuela e resaltou a unidade do exercito "nestes duros momentos".