Trump ameaza con impor aranceis a quen non apoien o seu plan para facerse con Groenlandia

"Podería impor aranceis aos países que non estean de acordo co de Groenlandia. Necesitamos Groenlandia para a seguridade nacional", asegurou.
O presidente Donald Trump o 6 de xaneiro. (Foto: Daniel Torok / White House)
O presidente Donald Trump o 6 de xaneiro. (Foto: Daniel Torok / White House)

O presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, ameazou con impor aranceis contra todos os Estados que non apoien o seu plan para facerse con Groenlandia, dando a entender que a proposta comunitaria de preservar a soberanía danesa do territorio autónomo a cambio dunha maior presenza da OTAN é insuficiente.

"Podería impor aranceis aos países que non estean de acordo co de Groenlandia. Necesitamos Groenlandia para a seguridade nacional", asegurou esta sexta feira o mandatario durante unha rolda de prensa na Casa Branca. Desde a Unión Europea tentouse responder as preocupacións de seguridade que os Estados Unidos ten sobre a illa manifestando a súa predisposición para implicarse máis activamente na defensa da mesma.

Polo momento, Alemaña anunciou o envío a Groenlandia dun equipo de recoñecemento composto por 15 soldados, mentres que Francia, o Reino Unido, os Países Baixos, Noruega, Suecia e Finlandia tamén participarán na iniciativa. Con todo, Italia criticouna cualificándoa de "broma".

Comentarios