O Tribunal Supremo investigará o papel do ex rei Juan Carlos na concesión do AVE da Meca

Pola sospeita de que se pagasen comisións ilegais.

JUan Carlos Filpe VI Borbón monaqrquía (Europa Press)
photo_camera JUan Carlos Filpe VI Borbón monaqrquía (Europa Press)

A xustiza española abriu unha investigación ao rei emérito Juan Carlos para comprobar o seu papel na adxudicación do contrato para unha liña de alta velocidade en Arabia Saudita.

A Fiscalía do Tribunal Supremo asumiu a investigación derivada das dilixencias abertas en decembro de 2108 por Anticorrupción para aclarar o destino de 80 millóns de euros que segundo a empresaria Corinna Larsen teríanse repartido entre outros o rei emérito pola adxudicación do AVE á Meca ás empresas españolas en 2011.

Nunha nota enviada esta segunda feira, a Fiscalía Xeral do Estado explica que esta investigación está centrada precisamente en delimitar ou desbotar a relevancia criminal dos feitos ocorridos despois de xuño de 2014, momento no que o rei emérito xa non estaba protexido pola inviolabilidade que o artigo 56.3 da constitución española recoñece ao xefe de Estado.

"É polo tanto necesario realizar novas dilixencias que afecten directamente ao rei emérito, que, como é sabido, está aforado ante a Sala Segunda do Tribunal Supremo", engade a nota.

O 5 de xuño, a fiscal xeral do Estado, Dolores Delgado ditou un decreto polo que se designaba para esta causa o fiscal do Tribunal Supremo da especialidade de delitos económicos, Juan Ignacio Campos Campos.

Comentarios