Tribunal de Estrasburgo ditamina que Otegi non tivo un xuízo xusto

Considera que houbo “falla de imparcialidade” da maxistrada Ángela Murillo. Otegi e o resto de condenados no caso 'Bateragune' cumpriron na íntegra as condenas.

Arnaldo otegi
photo_camera Arnaldo otegi

O Tribunal Europeo de Dereitos Humanos ditaminou que Arnaldo Otegi, Rafa Díez, Sonia Jacinto, Miren Zabaleta e Arkaitz Rodríguez non tiveron un xuízo imparcial e que se vulnerou o artigo 6.1 da Convención Europea de Dereitos Humanos, que establece o dereito a un xuízo xusto. Estes cinco dirixentes da esquerda abertzale están hoxe en liberdade após cumprir integramente a condena imposta. polo caso 'Bateragune', nos que se lle acusaba de intentar reorganizar Batasuna (ilegalizada).

Estrasburgo considera que houbo “falla de imparcialidade”  da presidenta da sección Cuarta da Audiencia Nacional, a maxistrada Ángela Murillo. Esta no transcurso do xuízo preguntou a Otegi se condenaba as acción de ETA, acolléndose o líder abertzale ao seu dereito a non responder. “Xa sabía eu que non ía responderme a esta pregunta”, dixo Murillo. Para a defensa de Otegi, unha frase que translucía “parcialidade” da maxistrada.

Comentarios