O Tribunal belga adía a decisión sobre a extradición de Puigdemont e os consellers ao 4 de decembro
Adíase para que as defensas poida achegar alegacións aos puntos de vista expostos pola Fiscalía belga.
O president da Generalitat, Carles Puigdemont, e os 4 consellers do seu Govern que están en Bruxelas declararon esta sexta feira diante do xuíz na capital belga. O maxistrado decidiu adiar a declaración até o vindeiro 4 de decembro para que os avogados teñan máis tempo para preparar alegacións.
A Fiscalía pedía a extradición. Durante a vista eliminouse o delito de malversación e tampouco contempla a corrupción. Ademais, refundiu os delitos de rebelión e sedición nunha figura xudicial belga que implica 6 meses de prisión. O delito de coacción de funcionarios representa un levantamento contra o poder, segundo a xustiza belga.
A declaración do 4 de decembro producirase nas portas do inicio da campaña electoral para o 21D, unha campaña marcada pola situación de excepcionalidade que se vive en Catalunya, con medio Govern preso e outro medio pedindo asilo en Bélxica.